informe-de-impacto-de-xenero-no-anteproxecto-de-ley-de-orzamentos-de-la-xunta-de-galicia-para-o-ano-2022
Descargar documentos:

Esta é a novena vez que entre a documentación orzamentaria figura un informe de impacto de xénero que trata de realizar unha análise, dende o punto de vista da igualdade de oportunidades entre mulleres e homes, dos programas de gasto que integran o proxecto de orzamentos, e que inclúe naqueles programas máis relevantes dende o punto de vista do xénero unha análise dos resultados obtidos no ano anterior, coas actuacións máis
importantes que se levaron a cabo.

A elaboración de orzamentos con perspectiva de xénero ou sensibles ao xénero non trata só do contido dos orzamentos, tamén se trata dos procesos involucrados na dita elaboración. A transversalización da orzamentación require un compromiso que inclúa análises, consultas e reaxustes para ter en conta as necesidades diferentes de mulleres e homes, nenos e nenas, de xeito que se podan corrixir de forma máis permanente as inequidades que seguen a existir en moitos ámbitos e focalizar dun xeito más eficiente a necesidade para a que se deseñou cada programa e liña de gasto.

Deste xeito, o orzamento libera ao xénero do ámbito específico e exclusivo das cuestións sociais e o eleva ao nivel da macroeconomía. (Holvoet, 2006); e transforma un sistema que pretende ser neutral en canto ao xénero pero que, de feito, pode manter parcialidades e brechas de xénero, nun sistema sensible ao xénero.

Por iso, a análise orzamentaria con perspectiva de xénero, xunto coa lexislación e outros medidas de carácter político que se leven á práctica, permiten abordar a discriminación de xénero e constitúen un paso importante para conseguir unha maior transparencia pública e unha maior eficacia e eficiencia dos recursos.

Aínda que é certo que hai marxe para a mellora, sobre todo no relativo á análise non só dos programas de gasto, senón tamén dos ingresos, consolídase a integración e consideración da perspectiva de xénero no proceso de elaboración dos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia.

Ayuntamiento de Albacete Ayuntamiento de Bilbao Ayuntamiento de Donostia Ayuntamiento de Logroño Ayuntamiento de Santa Cruz de Tenerife Ayuntamiento de Valladolid Ayuntamiento de València Ayuntamiento de Vitoria-Gasteiz Comunitat Valenciana Diputación Foral de Bizkaia - Bizkaiko Foru Aldundia Diputación Foral de Gipuzkoa - Gipuzkoako Foru Aldundia Enfoque de género Estado de la cuestión Experiencia piloto Fondos Next Generation Gobierno de Aragón Gobierno de Canarias Gobierno de Castilla La Mancha Gobierno de la Comunidad de Madrid Gobierno del Principado de Asturias Gobierno Vasco - Eusko Jaurlaritza Guía Impacto de género Impacto recaudatorio y de género Impacto transversal Informe de impacto ambiental y de género Informe fiscalidad Inversiones contra las violencias machistas Mainstreaming Medidas fiscales Pacto de Estado Perspectiva de género Políticas públicas Presupuesto de género Presupuestos Presupuestos Generales del Estado Protocolo de análisis Universidad de Almería (UAL) Universidad de Cádiz (UCA) Universidad de Huelva (UHU) Universidad de Sevilla (US) Universidad de Zaragoza (Unizar) Universidad Pablo de Olavide (UPO) Universitat Autònoma de Barcelona (UAB) Universitat d'Alacant