informe-de-impacto-de-xenero-no-anteproxecto-de-ley-de-orzamentos-de-la-xunta-de-galicia-para-o-ano-2021
Descargar documentos:

Esta é a oitava vez que entre a documentación orzamentaria figura un informe de impacto de xénero que trata de realizar unha análise, dende o punto de vista da igualdade de oportunidades entre mulleres e homes, dos programas de gasto que integran o proxecto de orzamentos, e que inclúe naqueles programas máis relevantes dende o punto de vista do xénero unha análise dos resultados obtidos no ano anterior, coas actuacións máis importantes que se levaron a cabo.

A elaboración de orzamentos con perspectiva de xénero ou sensibles ao xénero non trata só do contido dos orzamentos, tamén se trata dos procesos involucrados na dita elaboración. A transversalización da orzamentación require un compromiso que inclúa análises, consultas e reaxustes para ter en conta as necesidades diferentes de mulleres e homes, nenos e nenas, de xeito que se podan corrixir de forma máis permanente as inequidades que seguen a existir en moitos ámbitos e focalizar dun xeito más eficiente a necesidade para a que se deseñou cada programa e liña de gasto.

Deste xeito, o orzamento libera ao xénero do ámbito específico e exclusivo das cuestións sociais e o eleva ao nivel da macroeconomía. (Holvoet, 2006); e transforma un sistema que pretende ser neutral en canto ao xénero pero que, de feito, pode manter parcialidades e brechas de xénero, nun sistema sensible ao xénero.

Por iso, a análise orzamentaria con perspectiva de xénero, xunto coa lexislación e outros medidas de carácter político que se leven á práctica, permiten abordar a discriminación de xénero e constitúen un paso importante para conseguir unha maior transparencia pública e unha maior eficacia e eficiencia dos recursos.

Análisis feminista Ayuntamiento de Barcelona Ayuntamiento de Bilbao Ayuntamiento de Castelló Ayuntamiento de Donostia Ayuntamiento de Logroño Ayuntamiento de Madrid Ayuntamiento de Málaga Ayuntamiento de Oviedo Ayuntamiento de Vitoria-Gasteiz Cumplimiento de Objetivos de Igualdad Diputación Foral de Gipuzkoa - Gipuzkoako Foru Aldundia Estado de la cuestión Experiencia piloto Fondos Next Generation Generalitat Valenciana Gobierno de Canarias Gobierno de Castilla La Mancha Gobierno de Extremadura Gobierno del Principado de Asturias Gobierno de Navarra Guía Impacto de género Impacto recaudatorio y de género Impacto transversal Impuesto sobre la Renta de las Personas Físicas Inversiones contra las violencias machistas Mainstreaming Manual Medidas fiscales Metodología de trabajo Mujeres asalariadas Mujeres casadas Política fiscal Políticas públicas Presupuesto de género Presupuestos Generales del Estado Protocolo de análisis Resumen ejecutivo Sistema tributario Territorio Historico de Gipuzkoa Universidad de Granada Unión Europea UPV/EHU Xunta de Galicia